Páxina Web de Manuel Posada
- Meu nome é Manuel-Enrique Posada González.
Son Enxeñeiro Industrial Superior especializado en Organización Industrial e traballo como Enxeñeiro Consultor dende 1974.
Estou colexiado no Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia có número 244.
Terminei meus estudos en Barcelona (ETSIIB) no ano 1973 có que, iste ano 2000, cumprirei 27 anos de experiencia profesional.
A miña experiencia cos ordenadores comenza no ano 1967 da mau de IBM e apoiado po-lo Xefe do Centro de Proceso de Datos da Caixa Rural de Ourense e Coren-Uteco.
Naquela época, na Escola tiñamos dous ordenadores de cinta de papel de 8 posicions de perforación ou "Bits".
No centro de estudios de IBM traballábase con tarxetas perforadas de 80 "Bytes" con 80 colunas de 8 perforacións ou "Bits"
As memorias RAM eran placas con núcleos toroidales de ferrita que se magnetizaban e orientaban segundo se quixera ter un "0" ou un "1". O peso e volumen dos ordenadores era moi alto pero mais reducido cos anteriores. Istes foron cambios que eu vivin durante a miña experiencia laboral. Dende o IBM 1120 deica o Pentium III
Edificio da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Politécnica de Barcelona
Meus traballos